TES DÚBIDAS? CONSÚLTANOS!
ARTIGO 1. ÁMBITO TERRITORIAL, PERSOAL E FUNCIONAL
1. O presente convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, e abrangue todas as actividades do sector “comercio de alimentación”, nas que se inclúen comerciantes por xunto, distribuidores, retallistas, supermercados, autoservizos e similares e, en xeral, todas as empresas dos sectores “comercio alimentación” e “comercio de gandería”.
ARTIGO 2. VIXENCIA, DURACIÓN E PRÓRROGA
2. Este convenio terá unha duración de catro anos, contados dende o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro do ano 2019. Entrará en vigor o día da súa publicación, aínda que os seus efectos económicos pactados terán efecto retroactivo ao 1 de xaneiro do 2016, en todo os conceptos especificados no artigo 23. O presente convenio considerarase automaticamente denunciado unha vez rematada a vixencia. O vixente convenio con independencia da súa vixencia prevista, manterá a súa aplicación ata que sexa substituído por un convenio do mesmo ámbito.
ARTIGO 3. PROMOCIÓN PROFESIONAL
3. Crearase a categoría de …
ARTIGO 4. PERÍODO DE PROBA
4. O ingreso entenderase provisional mentres non se cumpra o período de proba que, para cada grupo profesional dos enumerados na Clasificación Profesional, se detalla a seguir: *Grupo I: 6 meses *Grupo II: 3 meses *Grupo III: 1 mes
ARTIGO 5. CLASIFICACIÓN DO PERSOAL
5. O persoal ao servizo das empresas …
ARTIGO 6. MODALIDADES DE CONTRATACIÓN
6. a) Contrato de …
ARTIGO 7 .TRABALLADORES EVENTUAIS
7. Todos aqueles traballadores e …
ARTIGO 8. INGRESOS
8. Para o ingreso como fixo, no cadro de persoal, terá dereito preferente en igualdade de méritos quen desempeñara ou desempeñe funcións na empresa, suxeitas a calquera modalidade de contratación temporal, incluíndo os contratos a tempo parcial, para a formación ou en prácticas.
ARTIGO 9. XORNADA DE TRABALLO
9. A xornada de traballo para …
ARTIGO 10. DESCANSO SEMANAL
10. Cando por coincidir o día de descanso semanal noutro festivo, o traballador ou traballadora afectada/o se vexa privado do seu aproveitamento, as empresas veranse na obriga de compensar este con outro día de descanso en día laborable, nun prazo non superior a quince días, a partir da data do día do que lle correspondese aproveitar. Conforme á lexislación en materia de xornada en ningún caso os días de descanso semanal poderán solaparse cos períodos indispoñibles de descanso de doce horas entre o final de xornada e o principio da seguinte.
ARTIGO 11. INVENTARIOS
11. Os inventarios xerais anuais efectuaranse en días laborables que non sexan festivo estatal ou autonómico, e compensaranse conforme este convenio colectivo os excesos de xornada. Nos inventarios mensuais que se realizarán dentro da xornada ordinaria de traballo compensarán os seus excesos en horas extraordinarias ou ben en descanso compensatorio equivalente a opción do/a traballador/a. Sendo este o réxime xeral destes inventarios que en todo caso se respectarán nas empresas.
ARTIGO 12. VACACIÓNS
12. Todas as traballadoras e …
ARTIGO 13. HORAS EXTRAORDINARIAS
13. Terán a consideración de horas …
ARTIGO 14. LICENZAS E PERMISOS
14. O persoal abranguido polo …
ARTIGO 15. MATERNIDADE E LACTANCIÓN
15. As/os traballadoras/es por lactación …
ARTIGO 16. EXCEDENCIA
16. Poderán solicitar a excedencia voluntaria …
ARTIGO 17. ASISTENCIA A CONSULTORIOS MÉDICOS
17. En caso de saídas ao médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo que o volante estea asinado polo médico, á vez que datado, debendo en todo caso, achegar o xustificante médico da dita asistencia, no que se fará constar a hora de entrada e saída. Así mesmo, terán dereito a acompañar ao consultorio médico, tanto da seguridade social como aos centros de saúde privada, os seus fillas/os menores de 16 anos ou parentes que estean baixo a súa dependencia, polo tempo indispensable da consulta, debendo en todo caso, achegar o xustificante médico da dita asistencia, no que se fará constar a hora de entrada e saída.
ARTIGO 18. PEZAS DE ROUPA DE TRABALLO
18. As empresas estarán obrigadas a facilitarlles aos seus traballadoras/es un mínimo de dúas pezas de traballo por ano. Aos/ás choferes e repartidores/as facilitaránselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno así como roupas de auga. O seu uso será obrigatorio. Igualmente, o persoal terá a obriga de conservala en bo estado; o/a traballador/a estará obrigado/a a comprala ao seu cargo cando, por abandono ou neglixencia a el ou ela imputable, a estrague de forma clara.
ARTIGO 19. REPARTO
19. As empresas comerciantes por xunto recomendarán aos seus clientes a necesidade de que os locais onde teña lugar a recepción de mercadorías solicitadas reúnan as debidas condicións, para tratar de evitar, no posible, tarefas que supoñan excesivo esforzo físico para as/os traballadoras/ es.
ARTIGO 20. SEGURIDADE NO POSTO DE TRABALLO
20. A todo/a traballador/a que, por calquera causa xustificada non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a lle outorgar un dereito preferente de ocupación das vacantes que existan, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións físicas ou intelectuais do/a traballador/a.
ARTIGO 21. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
21. Formación e crédito horario …
ARTIGO 22. RECOÑECEMENTOS MÉDICOS
22. Segundo o previsto na vixilancia da …
ARTIGO 23. INCREMENTOS SALARIAIS
23. O incremento salarial para o …
ARTIGO 24. COMPLEMENTO DE NOCTURNIDADE
24. O complemento de nocturnidade percibirase na contía do 25% sobre o salario base de cada categoría. As/os traballadoras/es de nova contratación percibirano igualmente. As/os traballadoras/es con dereito ao complemento de nocturnidade, percibirano na contía establecida no texto do convenio e sobre o salario base mensual de trinta días, aboándose a pro rata do tempo traballado. O devandito complemento percibirase no mes de vacacións.
ARTIGO 25. ANTIGÜIDADE
25. Complemento de antigüidade: a …
ARTIGO 26. GASTOS DE LOCOMOCIÓN
26. Tóda as traballadoras e traballadores percibirán en concepto de complemento de locomoción a cantidade reflectida nas táboas para cada un dos anos de vixencia. Esta cantidade aboarase nos doce meses do ano. Segundo o reflectido no art. 23.
ARTIGO 27 .—PAGAS EXTRAORDINARIAS
27. Todo o persoal afectado percibirá tres pagas extraordinarias consistente nunha mensualidade dos salarios bases vixentes en cada momento, máis a antigüidade e melloras voluntarias que concedan as empresas. Estas serán aboadas: Paga de verán o día 18 de xullo. Paga do Nadal o día 22 de decembro. Paga de Beneficios. Esta aboarase o día 1 de xaneiro, podendo prorrogarse ata o día 31 de marzo.
ARTIGO 28.-COMPLEMENTO ASISTENCIAL EN CASO DE ENFERMIDADE OU ACCIDENTE
28. Durante a situación de …
ARTIGO 29.—TRABALLADORES/AS EN CAMARAS DE CONXELACIÓN
29. As/os traballadoras/es que traballen en cámaras frigoríficas con permanencia nelas por un tempo como mínimo do 25% da súa xornada laboral, con independencia de que sexan dotados de roupa axeitada ao seu cometido, percibirán un complemento do 25% do seu salario regulamentario.
ARTIGO 30. AXUDAS DE CUSTO
30. Terán dereito a elas todos os traballadores e traballadoras que, mediante orde expresa da empresa ou persoa que a represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lle imposibiliten o seu regreso e sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de se desprazaren a localidades onde tamén esixa a misión encomendada unha permanencia que obrigue a tomar aloxamento. Aplicarase o reflectido no artigo 23, para cada un dos anos de vixencia. As cantidades reflectiranse na táboa salarial.
ARTIGO 31. PRESTACIÓN POR QUILOMETRAXE
31. Todas aquelas traballadoras e traballadores que teñan que realizar desprazamentos en vehículo propio en tarefas ou traballos encomendados directamente pola empresa, percibirán a cantidade reflectida na táboa salarial e segundo o reflectido artigo 23 por quilómetro, respectándose as condicións máis beneficiosas que viñesen gozando anteriormente ao asinamento do presente convenio. O anterior enténdese que non afecta a un traslado voluntario a outro centro de traballo.
ARTIGO 32. AXUDA ESCOLAR
32. Todo/a traballador/a que teña fillas/os de ata dezaseis anos, percibirá en concepto de axuda escolar a contía reflectida na táboa salarial e segundo o reflectido no artigo 23 por cada fillo/a; a dita cantidade aboarase ao comezo do curso. Será requisito indispensable que os/as fillos/as figuren como beneficiarios na cartilla da Seguridade Social do/a traballador/a.
ARTIGO 33. COMPLEMENTO DE INCAPACIDADE
33. As/os traballadoras/es que teñan algunha filla ou fillo con discapacidade física ou psíquica percibirán a contía reflectida nas táboas e segundo o reflectido no artigo 23 por cada fillo/a que se atope nas referidas circunstancias.
ARTIGO 34. XUBILACIÓN
34. Co fin de contribuír á realización dunha política de emprego que facilite o sostemento deste e a contratación de novos/as traballadores/as, as empresas facilitarán a xubilación aos 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para acceder á correspondente prestación. A xubilación voluntaria será aos 64 anos, segundo a normativa legal vixente en cada momento, e de mutuo acordo, empresa e traballador, aos 60 anos, compensando a empresa as diferenzas salariais e de cotización á Seguridade Social ata os 65 anos.
ARTIGO 35. XUBILACIÓN PARCIAL
35. As partes recoñecen a posibilidade de aplicación das previsións legais na materia, incluídas as posibilidades existentes por acordo entre a empresa e traballador/a.
ARTIGO 36. PREMIOS POR PERMANENCIA
36. Se ao producirse a xubilación o traballador ou traballadora acredita unha antigüidade na empresa de máis de trinta anos, percibirá un premio de permanencia consistente en dous meses de vacacións retribuídas.
ARTIGO 37. DEREITO DE INFORMACIÓN EN MATERIA DE CONTRATACIÓN
37. Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991 …
ARTIGO 38.—AFILIACIÓN SINDICAL
38. empresa ten o deber de respectar o dereito do/a traballador/a á afiliación sindical libre. As empresas deducirán das nóminas as cotas correspondentes aos afiliado/as a centrais sindicais. O/A traballador/a interesado/a na relación de tal operación remitiralle á empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, o Sindicato a que pertence e a contía da cota correspondente.
ARTIGO 39. COMITÉ DE EMPRESA
39. A empresa facilitará local axeitado, no caso de que dispoña del, para as reunións e consultas da/o delegada/o ou Comité de delegadas/os coas traballadoras e traballadores, así como un taboleiro para poñer comunicacións, avisos, carteis etc. De acordo co establecido no artigo 68 e) do Estatuto das/os traballadoras/es, as horas retribuídas para a representación das/os traballadoras/es poderán ser desfrutadas por un ou varios membros dunha mesma organización sindical, sen exceder o máximo total de horas ás que esta organización sindical teña dereito en base aos seus representantes dentro da empresa concreta en que se propón esta acumulación.
ARTIGO 40. VIOLENCIA DE XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E DE TRATO
40. O convenio recolle e incorpora todas as previsións legais para os supostos de traballadoras/es que sofren violencia de xénero, incorporando as citadas disposicións legais. Así mesmo, ante a previsible entrada en vigor da Lei de igualdade, as partes comprométense a incluír o dito código de conduta habilitando para estes efectos á comisión paritaria deste convenio.
ARTIGO 41. IGUALDADE NO TRABALLO
41. As empresas suxeitas ao presente …
ARTIGO 42. MEDIDAS DISCIPLINARIAS
42. Nos supostos de medidas disciplinarias por parte da empresa tales como propostas de despedimento, sancións ou amoestacións formais, estas deben ser comunicadas por escrito ao traballador ou traballadora e ao comité de empresa ou delegadas/os correspondentes. Nestes casos, o traballador ou traballadora, se for chamado ou chamada pola empresa, poderá ser acompañado polos seus lexítimos representantes legais.
ARTIGO 43. RÉXIME DISCIPLINARIO PARA O ACOSO SEXUAL E MORAL
43. As partes comprométense a establecer …
ARTIGO 44. RÉXIME DISCIPLINARIO
44. A) Faltas leves Consideraranse …
ARTIGO 45. RÉXIME SANCIONADOR
45. Sancións máximas. Correspóndelle á …
ARTIGO 46. RETIRADA CARNÉ DE CONDUCIR E MULTAS
46. En caso de retirada do carné de conducir por causa non imputable ao traballador ou traballadora, a empresa comprométese a lle facilitar ao/á condutor/a afectado/a un posto de traballo idóneo, de acordo coa súa categoría profesional sen que con iso vexa diminuído o seu salario. A empresa pagará as multas orixinadas por excesos de carga, mal aparcamento no caso de descarga e número de viaxeiros excesivos que teñan a condición de persoal ao servizo da empresa, así como, cando no tacógrafo aparecese un exceso de horario autorizado. Estes feitos serán responsabilidade da empresa cando proveñan de ordes expresas desta.
ARTIGO 47.GARANTÍA AD PERSONAM
47. As condicións laborais pactadas neste convenio, enténdense con carácter de mínimas, e deberán ser respectadas as condicións de todo tipo que veñan gozando as/os traballadoras/es en canto que sexan máis beneficiosas ca as aquí establecidas.
ARTIGO 48. CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS, COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN
48. As melloras económicas pactadas no presente convenio non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores e futuras.
ARTIGO 49. ESTABILIDADE NO EMPREGO
49. As empresas que conten con …
ARTIGO 50. MOBILIDADE XEOGRÁFICA
50. a) Desprazamento: As empresas …
ARTIGO 51. DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS
51. Os/as representantes sociais asinan o presente convenio comprometéndose formalmente a realizar unha maior produtividade que axude á supervivencia de todas as empresas do sector. Por outra banda, a representación económica observará o estrito cumprimento do convenio, mellorando as condicións laborais de todo tipo e en xeral das/os traballadoras/es ao seu servizo. Ambas as dúas partes recoñecen e son conscientes de que son un todo para que a empresa poida proporcionar os elementos que correspondan a cada unha delas.
ARTIGO 52. PARTES ASINANTES DO CONVENIO
52. Este convenio foi concertado pola Asociación de Maioristas de Alimentación de Pontevedra, Asociación de Supermercados y Autoservicios de Pontevedra e Federación galega de comercio y de industria da carne e polas centrais sindicais CIG, CC.OO, UGT e USO.
ARTIGO 53. COMISIÓN PARITARIA
53. Crearase unha Comisión Paritaria …
ARTIGO 54. NON APLICACIÓN DO RÉXIME SALARIAL E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO
54. Cando se produzan discrepancias para a non aplicación das condicións de traballo referidas no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, adoptaranse os procedementos establecidos no Decreto 101/2015 do 18 de xuño, (publicado no DOG n.º 137, o 22 de xullo de 2015), polo que se crea a Comisión Tripartita Galega para a inaplicación de convenios colectivos e regúlase o seu funcionamento, ou no seu caso, recorrerase ao Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA).
ARTIGO 55. COMISIÓN ESPECÍFICA CREADA POLAS PARTES CO FIN DE TRATAR DETERMINADAS CUESTIÓNS DO CONVENIO COLECTIVO
55. As partes conveñen en …
Anexo: TÁBOAS SALARIAIS
C.C. Alimentación Pontevedra 2016-19
Copyright
© 2024
C.C. Alimentación Pontevedra 2016-19
Tema por
Anders Noren
—
Arriba ↑